Presentación

English Castellano Català Galego Euskera

A comunidade LGTBIQA+ leva experimentando durante as últimas décadas un crecemento na súa visibilidade, tanto na reivindicación dos seus dereitos coma na súa realidade ordinaria. Coma noutros ámbitos sociais, o colectivo de Lesbianas, Gais, Trans*, Bisexuais, Intersexuais, Queers, Asexuais e outras identidades fóra da norma cis-heterosexual forman parte de carreiras científicas e tecnolóxicas, de modo que as súas olladas e prácticas xeran vivencias únicas sobre os espazos de investigación e estudo onde se atopan. Coñocer e compartir esas realidades permite recoñecer os rumbos e desigualdades aínda existentes, promover a participación da comunidade na investigación e xerar espazos máis inclusivos e seguros en tódolos niveis e estratos do traballo científico.

Con esta vontade interseccional, dende PRISMA convocamos á comunidade científica LGTBIQA+ para a presentación divulgativa de tódalas ramas do coñecemento: ciencias, matemáticas, físicas, químicas e enxeñarías; ciencias sociais e humanidades e ciencias da vida. O obxectivo principal é xerar un espazo de coñecemento interdisciplinar e experiencias compartidas para xerarmos redes de soporte e apoio mutuo entre as persoas con orientacións e identidades diversas que traballan no ámbito científico e tecnolóxico.

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close