Código de conduta

English Castellano

Tódalas persoas que asistan, expoñan, patrocinen ou realicen voluntariado na Conferencia PRISMA deben estar de acordo co seguinte código de conduta. O equipo organizador fará cumprir este código durante todo o evento. Agardamos a cooperación para axudar a garantir un ambiente seguro para todes.

PRISMA, Asociación para a Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero en Ciencia é unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivos evita-la discriminación e aumentar a visibilidade das persoas (pasadas e futuras) LGBTIQA+, fomenta-las habilidades de formación, promover o interese pola Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (CTI) e construir unha comunidade LGTBIQA+.

A nosa conferencia adícase a proporcionar unha experiencia de conferencia libre de acoso para tódalas persoas asistentes, sen importar o xénero, a identidade e expresión de xénero, a idade, a orientación sexual, a discapacidade, a presenza física, o tamaño do corpo, a raza, a etnia, a relixión (ou a falta dela) ou as opcións tecnolóxicas. Non toleramos ningún tipo de acoso ás persoas participantes da conferencia. A linguaxe e imaxes sexuais non son apropiados en ningures durante a conferencia, incluíndo charlas, obradoiros, eventos, redes sociais e outros medios en liña. Os participantes da conferencia que contraveñan estas regras poden ser sancionados ou expulsados da conferencia.

  • O acoso inclúe comentarios verbais ofensivos relacionados co xénero, a identidade e expresión de xénero, a idade, a orientación sexual, a discapacidade, a presenza física, o tamaño do corpo, a raza, o orixe étnico, a relixión, as eleccións tecnolóxicas, as imaxes sexuais en espazos públicos, a intimidación, a espreita, o seguimento, o acoso de fotografías ou gravacións, a interrupción sostida de conversacións ou outros eventos, o contacto físico inapropiado e a atención sexual non desexada.
  • Agárdase que as persoas participantes ás que se lles pida que deixen de acosar cumpran inmediatamente. Se unha persoa participante se involucra nun comportamento de acoso, o comité organizador da conferencia pode tomar calquera acción que considere apropiada, incluíndo a advertencia sobre o infractor ou incluso a expulsión do evento.
  • Se recibes acoso, ou percibes que alguén está a ser unha vítima de comportamentos non axeitados, ou amosa algunha outra preocupación, contacta por favor co comité organizador inmediatamente. Os seus membros identifícanse con insignias de marca.
  • O comité organizador estará encantado de axudar ás persoas participantes a se pór en contacto co persoal da sede da conferencia ou coas autoridades policiais e xudiciais locais, proporcionarlles escoltas ou axudar de calquera outra maneira a que as persoas que sufran acoso para que se sintan seguras durante a conferencia. Valoramos a súa asistencia.
  • Agardamos que as persoas participantes sigan estas regras na sede da conferencia e no resto de espazos nos que se desenvolva a actividade, así coma nos eventos sociais relacionados con ela.
A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close