English – Castellano – Català – Galego – Euskera
Na conferencia PRISMA estamos buscando persoas LGTBIQA + e aliadas que traballen nos campos da ciencia, a innovación e a tecnoloxía que queiran presentar a súa investigación dun xeito informativo e ameno.
As propostas presentaranse no modelo de comunicacións e han conter:
Título
Resumo (de 200 a 300 palabras)
Palabras chave (de 5 a 7)
Identificación da persoa participante:
- Nome completo
- Correo electrónico de contacto
- Institución á que pertence
- Perfil curricular (de 20 a 50 palabras)
- Área e subárea
- Idioma da contribución
- Linguas faladas
Obxectivo do congreso
PRISMA é un evento para que a comunidade científica LGTBIQA+ no STEM se coñeza e comparta as súas vivencias. A orientación dos relatorios ha ser divulgativa. Cada sesión temática será evaluada por un comité científico diverso e interdisciplinar (e non necesariamente experto nesa materia).
Languages
Acéptanse propostas escritas en inglés ou nas linguas oficiais do Estado: castelán, catalán, valenciano, galego e éuscaro. Para as presentacións orais recomendamos o uso do inglés. Tamén se aceptan presentacións orais en castelán. Para outras linguas, pregamos que o relator se poña en contacto connosco por correo electrónico para discutirmos as opcións. Para pósteres tamén recomendamos o inglés, pero aceptamos tódalas linguas oficiais de España sen necesidade da nosa confirmación.
Bolsas de viaxe
Dispoñemos de bolsas de viaxe que cubrirán o traxecto ata a sede do Congreso. Debido ao número limitado delas, aconsellamos solicitala só no caso de que non existan máis opcións para cubrir estes custos. A súa resolución notificarase á xunta coa aceptación da proposta.